Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Servizo de Atención Temperá de Friol recibe case 128.000 euros

Por 27 Abril, 2021Abril 28th, 2021Sin comentarios

O Concello de Friol seguirá co bo funcionamento do Servizo de Atención Temperá que atende a poboación dos Concellos de Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Rei, gracias a concesión dunha axuda de 127.561,43 euros da Consellería de Política Social.

Este servizo está situado na segunda planta do Centro Sociocultural do Concello de Friol e atende de forma gratuíta a nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade que presenten trastornos no seu desenvolvemento ou que se encontren en risco de padecelos, mediante as intervencións necesarias e individuais en cada caso.

Veranse beneficiados por este servizo as familias e o entorno de calquera dos municipios referidos anteriormente, co fin de apoiar e fomentar un mellor desenvolvemento infantil.

En estes momentos o servizo está atendendo a uns 46 nenos e nenas con algún tipo de necesidade, para favorecer o seu desenvolvemento psicomotor, cognitivo, de linguaxe, comunicación, autonomía, socialización, afectividade, etc. 

Esta agrupación de Concellos recibe fondos destinados a cubrir os custos do traballo de unha logopeda, unha psicóloga, unha terapeuta ocupacional e unha enfermeira. Este grupo de profesionais están en constante contacto e coordinación cos servizos sanitarios, educativos e sociais do entorno dos pequenos. Ademais esta Unidade conta con diverso material especializado para prestar os diferentes servizos específicos de cada área.

Os alcaldes que conforman esta agrupación insisten en que “este servizo é de gran importancia para as familias dos nosos Concellos, xa que supón unha considerable mellora no desenvolvemento dos máis novos dos municipios e das súas familias, e con unha atención máis próxima, directa e personalizada que en outros servizos máis masificados”.