Skip to main content
Guitiriz

Comezan novos cursos na aula CeMit de Guitiriz

Por 3 Abril, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A Aula Cemit do Concello de Guitiriz retomou esta Semana Santa os talleres de informática, que se prolongarán todo o mes de abril. As prazas son limitadas, polo que haberá que realizar a inscrición na Aula CeMIT de Guitiriz, que será onde se impartan os cursos.

Este martes dará comezo un curso de Trámites online coa administración sen certificado, que se desenvolverá ata o xoves incluído, de 10:00 a 12:00 horas.

A seguinte semana será a vez de Trámites online coa administración con certificado, que se impartirá do 13 ao 15 e do 20 ao 22 de abril, de 10:00 a 12:00 horas.

Tamén o martes 6 dará comezo a formación sobre a aplicación móbil WhatsApp. Será os días 6, 8, 13, 15, 20 e 22 de abril, de 16:30 a 18:30 horas.

Os interesados en obter máis información ou inscribirse poden facelo no 982 370 062 ou no correo cemit.guitiriz@xunta.gal. As prazas son limitadas.