Skip to main content
Guitiriz

Licitarán un novo proxecto modificado para a residencia de Guitiriz

Por 10 Abril, 2021Sin comentarios

Na Xunta de Goberno da Deputación Provincial tamén se aprobou a resolución por mutuo acordo do contrato para a execución das obras de construción do Centro de Atención a Maiores de Guitiriz na Casa da Botica. A resolución, proposta pola Deputación, estivo motivada polas dificultades que estaba tendo a empresa para acometer o proxecto, e non implica ningunha nova carga económica para a institución provincial.

As inclemencias do tempo este inverno afectaron á Casa da Botica e foi necesario o derribo do edificio, “o que fai imprescindible a redacción dun modificado do proxecto para redefinir a fachada e os muros, que colapsaron e que non se poden conservar”, explicou o mandatario provincial. O Presidente explicou que o modificado realizarase nun período curto de tempo e, unha vez redactado, volverase a licitar para que sexan acometidas as obras por outra empresa co obxectivo de garantir a execución íntegra do proxecto.

“O meu compromiso, claro e inequívoco co Concello e cos veciños e veciñas de Guitiriz  é facer a residencia de maiores de Guitiriz e que estea rematada no ano 2022 e, en todo caso, antes de que finalice este mandato, en maio do 2023”, recalcou José Tomé.