Skip to main content
Guitiriz

Éxito da carreira solidaria Guitiriz Termal

Por 19 Abril, 2021Sin comentarios

A carreira solidaria Guitiriz Termal, que este ano celebrou o seu duodécimo aniversario, recaudou máis de 1.300 euros para a asociación Somos Unidos por el Cáncer.

Este ano, por mor do coronavirus, a carreira foi tamén virtual e dende o luns 12 e ata onte os participantes tiñan que completar un percorrido de cinco quilómetros de carreira ou sete de andaina.

Así, os participantes puideron rexistrar os seus tempos na páxina web para completar unha clasificación xeral sen trofeos, xa que o obxetivo era solidaro e a cuota de participación era de dous euros.

Do total de inscritos, case 200 foron do IES Poeta Díaz Castro, e case 230 alumnos do Ceip Lagostelle tamén colaboraron realizando unha andaina particular ao longo da semana.

Dende a asociación lembran que as familias que o desexen poderán colaborar facendo unha aportación máxima de cinco euros e unha vez completadas as diferentes andainas todo o recaudado ingresarase a Somos Unidos por el Cáncer.

Ademais, as persoas rexistradas na Guitiriz Termal entrarán nun sorteo de 30 vales de 20 euros para gastar nos locais de hostalaría do Concello antes do 30 de maio. O prazo para recoller os vale e do 20 ao 30 de abril.