Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz contará en xuño cun festival poético

Por 26 Abril, 2021Abril 27th, 2021Sin comentarios

Guitiriz acollerá en xuño un festival poético que contará cun amplo programa de actividades, e que estará organizado polo colectivo Nova Poesía Guitirica en colaboración co Concello.

Xa se escolleron as datas de celebración, que serán o 12 e 13 de xuño no Campo de Feira da localidade, na medida en que as circunstancias sanitarias o permitan.

Dende a NPG xa levaban tempo coa idea de organizar un grande evento poético, que completara a programación anual que organiza o colectivo pero a pandemia impediu a súa celebración con anterioridade.

Durante estas datas concretarase o programa que se desenvolverá esa fin de semana e que xa avanzaron que contará con presentacións, exposicións, concertos, un roteiro e as entregas dos premios Díaz Castro de Poesía, que convoca o Concello, e Vilariñas, promovido polo colectivo poético.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, acompañada das titulares das áreas de Cultura, Turismo e unha técnica municipal, así como a delegación da NPG con Pilar Maseda, Luz Airado e Antón Tenreiro avanzaron as liñas xerais da programación e o traballo a desenvolver cara este primeiro ano.