Skip to main content
Meira

Convocado no IES Pedregal de Irimia o II Certame de microrrelatos

Por 26 Abril, 2021Sin comentarios

O IES Pedregal de Irimia de Meira convocou, aproveitando o Día do Libro e por segundo ano consecutivo un certame de microrrelatos, un proxecto literario creado o ano pasado para que os alumnos participen dende as súas casas. Ademais, do alumnado do centro tamén están convocados os estudades de 5º e 6º de Primaria nos Ceip Avelino Díaz de Meira e tamén os ex-alumnos e ex-traballadores do IES.

“Pero tamén é xusto que a comunidade que protexe e cuida do noso alumnado nestes tempos de crise poida participar, polo que abrímolo á avoa, ao pai, á madriña, aos amigos, etc”, di a organización.

O concurso consiste na redacción dun microrrelato, en lingua galega, que deberá entregarse como data límite o 17 de maio, día das Letras Galegas. A temática este ano será libre.

Haberá cinco categorías, unha por cada ciclo (5º e 6º de primaria, 1º e 2º de Eso, 3º e 4º de Eso, BAC e adultos). O traballo non deberá exceder dunha páxina e debe enviarse por correo electrónico mecanografiado a bibliotecapedregaldeirimia@gmail.com. No corpo do correo debe figurar o nome, a categoría e os datos de contacto.

Haberá un único gañador por categoría, que recibirá agasallo conmemorativo, un lote de libros e o correspondente diploma acreditativo. Os traballos premiados, entre os que pode haber algún accésit, serán publicados na páxina web do IES e no blog BiblioMeira.