Skip to main content
Muras

Muras colocará 1.200 trampas para velutinas

Por 1 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello de Muras acometerá un proceso de trampeo da vespa velutina.

Nesta primavera de 2021 o Concello instalará máis de 1200 trampas xeolocalizadas, cubrindo toda a extensión do municipio e potenciando as zonas onde mais niños se detectaron en 2020. O obxectivo é evitar a entrada desta especie dende os concellos limítrofes, razón pola que se reforzará esa zona.

Debido á importancia que está a ter nos últimos tempos a avicultura no Concello, a intención é cubrir un espazo de 500 metros arredor de cada colmea particular.

A implicación dos apicultores locais e veciños do municipio é fundamental para proceder a esta acción.

O TRAMPEO

Realizar unha trampa é algo rápido e sinxelo, cunha simple botella de auga ou refresco con dous buracos enfrontados rechea con zume de arandos e mesturado cun pouco de cervexa negra, pódese atrapar esa raíña de velutina que elixiu o xardín para pasar o inverno aletargada.

Outro labor non menos importante pero algo máis complexa é tentar localizar os niños primarios, no seu inicio teñen o tamaño dunha pelota de tenis, e as raíñas adoitan escoller zonas de abrigo, como poden ser aleros de casas ou tellados de alpendres e garaxes.