Skip to main content
Axenda Caducada

Volve este sábado a feira mensual en Reigosa

Por 22 Abril, 2021Abril 24th, 2021Sin comentarios

Despois do parón debido á pandemia do coronavirus, a asociación de veciños de Reigosa retoma este sábado a celebración da súa feira mensual, que ten lugar o terceiro sábado de cada mes.

Así, este sábado volverá celebrarse a Feira de Reigosa co xantar do polbo á feira no local da asociación. Ademais, volverá tamén a animación e terá lugar a actuación de Pallaso total, que tamén fora cancelada con anterioridade.

Será ás 12.20 horas no campo da feira.