Skip to main content
A PastorizaComarca TERRACHÁXA

O Contencioso falla en contra de Erimsa no litixio co Concello da Pastoriza

Por 22 Abril, 2021Abril 23rd, 2021Sin comentarios

A sala segunda do Tribunal Contencioso Administrativo de Lugo ditou onte, 20 de abril, unha sentenza pola que desestima o recurso presentado pola compañía mineira Erimsa contra a denegación do permiso de explotación do proxecto Alicia 5917 por parte do Concello da Pastoriza; e contra o Sindicato Labrego Galego, que compareceu no proceso como parte interesada.

O Concello da Pastoriza denegou o permiso de explotación na concesión Alicia 5917 -que afecta os concellos de Abadín, Castro de Rei, A Pastoriza e Vilalba-, alegando que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) estaba caducada (databa do ano 2005) e que o informe da Consellaría de Medio Rural era negativo ao pretender realizarse as extraccións de seixo en solo rústico de especial protección agropecuaria no que se fixeron grandes investimentos en procesos de concentración parcelaria.

Ademais de desestimar o recurso de Erimsa, a xuíza María de los Ángeles Braña tamén impuxo o pagamento das costas do proceso xudicial á compañía mineira.