Skip to main content
Axenda Caducada

As Pontes dedicará a súa programación cultural de abril aos máis novos

Por 6 Abril, 2021Maio 1st, 2021Sin comentarios

Vicente Roca, concelleiro de Cultura das Pontes

A concellería de Cultura do Concello das Pontes elaborou unha programación cultural para o mes de abril dirixida, principalmente, o público máis novo da localidade, que inclúe contacontos, teatro ou monicreques e que se completa con teatro, monólogos e presentacións literarias para o público adulto.

Vicente Roca, concelleiro de Cultura sinala que “a través destas actividades queremos xerar un novo público, achegar aos nenos e nenas das Pontes á cultura e espertar entre eles/elas o interese polas artes escénicas para que comprendan a importancia da lectura, o teatro, a música, fomentando, ao mesmo tempo, a transmisión de valores como o respecto, a diversidade, a igualdade ou a solidariedade”

A programación arrinca o xoves, 8 de abril, ás 18:30 horas, en casa Dopeso, co contacontos Os contos de Candelaria de Cris de Caldas. Esa fin de semana, ou público adulto poderá gozar, non Auditorio Municipal Cinema Alovi, a partir dás 19:30 horas do concerto de María José Llergo, a cantadora cordobesa que está a revolucionar o mundo do flamenco.

A seguinte semana, o xoves, 15 de abril, ás 18:00 horas no Auditorio da Casa Dopeso acollerá o espectáculo teatral para crianzas, Aldara na montaña de Soraya Lema e xa o sábado, 17 de abril, no Auditorio Municipal Cine Alovi, a compañía Educa Teatro, chegará coa obra de teatro musical Os tres porquiños.

A programación continuará o 21 de abril coa presentación do libro “Relatos e vivencias” escrito pola pontesa Conchi Pardo, ás 19:30 horas na Casa Dopeso e o xoves, 22 de abril, ás 18:00 horas, o público pontés poderá gozar do espectáculo Toribio Mañón da compañía Viravolta Títeres. Xa o 23 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, Quico Cadaval chegará ao Auditorio Municipal Cine Alovi, a partir das 19:30 horas co monólogo Complexo de Edipo.

O xoves, 29 de abril, a compañía Ceo aberto traerá o seus espectáculo científico A ciencia de Harry Potter ao salón da Casa Dopeso, a partir das 18:00 horas. E xa o venres, 30 de abril, a compañía de teatro Butaca Zero achegarase ata o Auditorio Municipal Cine Alovi para presentar a súa obra 32 metros cadrados. Será ás 20:00 horas.

O concello das Pontes tamén avanza unha das grandes apostas culturais do mes de maio, o espectáculo de danza, MiraMiró da compañía Baal Dansa; un espectáculo de danza e tecnoloxía que achega aos máis pequenos o mundo de Joan Miró, un dos grandes da pintura do s.XX. Cores, figuras xeométricas e danza combínanse para recrear a maxia creadora do pintor catalán. Coa música, as figuras adquiren vida e lévannos a unha fantástica viaxe polo cosmos. Será o sábado, 1 de maio, a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal Cinema Alovi.