Skip to main content
As Pontes

Organizan dous cursos formativos para parados nas Pontes

Por 9 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello das Pontes e a Fundación Laboral de la Construcción Galicia organizan dous cursos de balde, entre o 19 de abril e o 3 de maio, dirixido a demandantes de emprego con empadroamento en As Pontes.

Trátase dunha formaicón de nivel básico de prevención en construción e outro de PRL para Operadores de aparatos elevadores.

As persoas interesadas poden solicitar máis información e inscribirse nos números de teléfono 634 790 764 e/ou 664 019 792. O prazo de inscrición remata o 14 de abril, mércores, e pode realizarse entre as 9.00 e as 14.00 horas na área de emprego das Pontes.

O curso impartirase en horario de mañá, de 8.30 a 14.30 horas na Casa Dopeso.