Skip to main content
Axenda Caducada

As Pontes celebra o Día do Libro

Por 15 Abril, 2021Abril 23rd, 2021Sin comentarios

O Concello das Pontes, a través do departamento de Cultura, celebrará ao longo da vindeira semana o Día Internacional do Libro, con actividades para todos os públicos.

O programa arrancará o mércores, 21 de abril, coa presentación do libro Relatos e vivencias escrito pola pontesa Conchi Pardo, ás 20:00 horas na Casa Dopeso.

O xoves, 22 de abril, a partir das 18:00 horas será a quenda para o público máis novo que poderá gozar do espectáculo Toribio Mañón da compañía Viravolta Títeres.

Xa o 23 de abril, Día Internacional do Libro, o artista pontés Comeluz Artista levará a cabo unha intervención artística en diferentes espazos ao aire libre do municipio a tráves da que achegará á veciñanza ao mundo da lectura a través de datos curiosos, recomendación bibliográficas e ilustracións.

Ese mesmo día, a partir das 19:30 horas, Quico Cadaval chegará ao Auditorio Municipal co monólogo Complexo de Edipo.

Por outra banda, durante toda a semana, na Biblioteca Municipal repartiranse bolsas conmemorativas con motivo do Día do Libro entre os usuarios e usuarias que usen o servizo de préstamo.