Skip to main content
As Pontes

Endesa instalará unha oficina de información sobre as obras no Poboado das Veigas

Por 30 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello das Pontes, tras unha reunión mantida esta semana con Fernando Hervada, responsable de supevisar as obras e proxectos de edificación de Endesa, e ante o inminente inicio das obras de urbanizacion do poboado, informa á veciñanza que, nos próximos días, Endesa, titular da propiedade, instalará un punto de informacion para atender á veciñana.

Así os veciños e veciñas residentes nesta zona que o desexen poderán achegarse ata esta oficina informativa, a pé de rúa, e coñecer os traballos que Endesa levará a cabo e as diferentes fases nas que se van acometer así como plantexar calquera tipo de dúbida e inquedanza.

Os traballo executados por Endesa contemplan unha  transformación integral dos equipamentos públicos que inclúen a renovación dos servizos de saneamento, abastecemento, alumeado, rede eléctrica e telecomunicacións, así como completar a urbanización precisa para que os terreos nos que se asenta o Poboado das Veigas acaden a condición de solar o que permitirá a súa posterior venda aos seus inquilinos/as actuais.

Estas obras serán posibles despois de que o Concello das Pontes  aprobase en outubro de 2019 a modificacion puntual das Normas Subsidiarias do Poboado das Veigas, un proceso de interese xeral que permitirá  aos seus inquilinos e inquilinas ter os mesmos servizos que o resto da veciñanza

Antonio Alonso, recorda que unha vez executada a obra, en base ao convenio asinado con Endesa no ano 2016, a empresa propietaria dos terreos entregará os espazos de titularidade pública (viario, zonas verdes e equipamentos), unha cesión que permitirá ao Concello integrar ao Poboado das Veigas na malla urbana.