Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Adxudicada a renovación do Cine Man de Rábade

Por 15 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello de Rábade vén de en de adxudicar a primeira fase da renovación do antigo Cine Man, á Empresa Groma de Arteixo, o importe de licitación ascendía a 140.000 euros.

O proxecto inclue entre outros, a renovación da cuberta e contorna, execución de servizos e adecuación da sala para usos múltiples.

O Concello mercou en 2019 este inmoble, un histórico local da vila que foi tamén a sala de festas Agarimo, para convertilo nun local multiusos para os rabadenses.

O obxectivo do Concello era evitar a desaparición de edificios emblemáticos. Con esta premisa pretende darlle unha vida máis útil para calquer tipo de evento.

O edificio ubicado na rúa Ángel Pena, moi preto da Casa Consistorial, abriu as súas portas no ano 1945 e foi unha sala de cine que contaba con 415 prazas e pratea ata os anos 70. Máis tarde pasou a ser a sala de festas Agarimo, que foi un dos mellores negocios de salas de baile que había en Galicia ata os 80, para despois pechar definitivamente tras varios proxectos fallidos ou de curta duración.

Este edificio conserva moitos elementos característicos da construcción orixinal como o esceario ou o lenzo da parte traseira.

Neste tempo, o Concello pediu a colaboración cidadá para ter toda a información posible do que foron estos espazos, tan transcendentais e representativos da historia de Rábade.

Solicitou por tanto que lles fixeran chegar fotos, vídeos ou calquera outra información sobre os locais para poder facer unha recuperación acorde coa historia do local.