Skip to main content
Vilalba

Entregados os premios dos certames da Tasca do Liño

Por 4 Abril, 2021Sin comentarios

A asociación Mulleres de Insua fixo entrega dos premios aos gañadores do seu certame anual de poesía e debuxo, que se fai coincidir coa Tasca do Liño, que este ano non se puido celebrar por mor da covid-19.

Así, no certame de debuxo a gañadora foi Tania Prado Teijido seguida de Andrés Maceira Vilasuso e Helena Hang Fernández Quintela.

No certame de poesía o primeiro premio foi para María Álvarez Martínez, o segundo para Emilia Martínez Fuentes e o terceiro correspondeu a Manuel Rubiños Ferreiro.

Segundo indicou a asociación, os premios entregaranse cando a situación sanitaria o permita.

A entrega tivo lugar nas instalacións do Concello de Vilalba.