Skip to main content
Vilalba

O SLG leva os problemas da residencia de Vilalba ao Consello Galego de Benestar

Por 16 Abril, 2021Sin comentarios

Margarida Prieto Ledo, en calidade de vogal do Consello Galego de Benestar en representación do Sindicato Labrego Galego, vén de solicitar ampla información neste órgano consultivo da Xunta para aclarar se a residencia de maiores de Vilalba, xestionada pola Fundación Hospital Asilo de Vilalba (FHAV), recortou o seu persoal sanitario nos últimos meses. 

A solicitude fíxose a raíz das denuncias de persoas usuarias que se queixaron de deficiencias na cobertura de persoal de enfermería. Esta residencia, segundo datos da Consellaría de Política Social, debería contar cunha persoa como médica, sete enfermeiros ou enfermeiras e unha especialista en psicoloxía. Porén, segundo as denuncias das persoas usuarias, non contan con servizo de enfermería as 24 horas. 

Dende o SLG reclaman que queren coñecer o número de persoal sanitario que lle corresponde á residencia de persoas maiores FHAV segundo o número de persoas usuarias que atende na actualidade, saber se está actualizada a información de web da residencia de persoas maiores FHAV, e saber se é certa a falla de persoal na residencia de persoas maiores FHAV que se está a denuncia

Tamén queren coñecer cantas inspeccións se teñen feito nos últimos dous anos na residencia de persoas maiores FHAV e se nestas inspeccións, se detectaron incumprimentos relacionados cos feitos denunciados e, en caso de detectarse, se fixeron posteriores inspeccións para comprobar a súa debida corrección.