Skip to main content
Uncategorized @gl

Brusco descenso de casos activos na provincia

Por 3 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A provincia continúa co descenso de casos neste inicio o mes de abril. Onte rexistrou 139 casos, 23 casos menos, cando o día anterior foron 7. Prodúcese así un brusco descenso condicionado polos poucos casos novos e polas altas.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 5 casos novos (onte foron 14). Ademais, as altas chegaron ás 11.718, 26 en 24 horas, o día anterior foron 21.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.073 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.

A presión hospitalaria redúcese en tres casos. Continúan 2 persoas na UCI do Hula mentres en planta son 8 os enfermos (3 menos), 5 no hospital de Lugo e 2 en Monforte e 1 en Burela.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis. Dende mañá quedarán só tres concellos en alerta alta e o resto en baixa:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao, Rábade e A Pobra de Brollón.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, A Pontenova, Lourenzá e Xove.
  • Na última semana tampouco tivo Riotorto.

Terra Chá

  • Rábade continúa en situación de alerta alta pero por debaixo dos dez casos.
  • Con incidencia leve están Vilalba, Meira, Cospeito, Friol, Guitiriz e Xermade, así como a veciña As Pontes, todos con menos de dez casos.
  • Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, A Pastoriza, Castro de Rei e Xermade.
  • Outeiro de Rei e Begonte están sen casos novos na última semana.

Centro da provincia

  • Lugo chega a 35 casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira, Guntín, O Corgo, Palas, Antas de Ulla, Monforte e Castroverde.
  • Sen casos os últimos 7 está e Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Paradela e Samos sen casos novos na última semana.
  • Láncara e Sarria, tamén con casos, teñen unha incidencia baixa.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte xa está por debaixo dos dez casos.
  • O Saviñao, en alerta alta, reduce a súa incidencia, e segue por debaixo dos 10 casos.
  • A Pobra de Brollón, en alerta alta, segue cunha incidencia moi elevada e 10 casos.
  • Con incidencia baixa están tamén Bóveda, Chantada, Quiroga e Sober.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Taboada.
  • Sen casos nos últimos sete días está Pantón.