Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos seguen baixando pero soben os ingresos

Por 4 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

Continúa o descenso de casos activos na provincia mentres a hospitalización empeora. Así, hoxe son 134 casos activos, 5 menos que onte, cando na xornada anterior o descenso foi de 23.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 3 casos novos (onte foron 5). Ademais, as altas chegaron ás 11.729, 11 en 24 horas, o día anterior foron 26.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.079 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.

A presión hospitalaria empeora. Aumentan un caso na UCI, con 3 ingresados (2 no Hula e 1 en Monforte), mentres en planta son 10 os enfermos (2 máis), 6 no hospital de Lugo (1 máis), 1 en Burela e 3 en Monforte (1 máis).

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis. Quedan só tres concellos en alerta alta e o resto en baixa:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao, Rábade e A Pobra de Brollón.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Como en xornadas previas a situación é estable na parte norte da provincia, onde case non hai cambios. Excepción é Rábade, que está en alerta alta por un gromo familiar e localizado pero que dá unha incidencia elevada polo escaso da súa poboación. No sur segue en situación difícil A Pobra do Brollón mentres o Saviñao mellora xa os seus datos. No centro, Pedrafita queda limpa de covid mentres que Becerreá deixa de estalo tras moitas semanas sen casos.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo. Barreiros tamén deixar de estar limpo de covid.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, A Pontenova, Lourenzá e Xove.
  • Na última semana tampouco tivo Riotorto.

Terra Chá

  • Rábade continúa en situación de alerta alta pero por debaixo dos dez casos.
  • Con incidencia leve están Vilalba, Meira, Cospeito, Friol, Guitiriz e Xermade, así como a veciña As Pontes, todos con menos de dez casos.
  • Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, A Pastoriza e Castro de Rei. Únese Outeiro de Rei.
  • Begonte están sen casos novos na última semana.

Centro da provincia

  • Lugo chega a 37 casos, 2 máis.
  • Con incidencia leve está Becerreá, que deixa de estar limpo de covid.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira, Guntín, O Corgo, Palas, Antas de Ulla, Monforte e Castroverde.
  • Sen casos os últimos 7 está e Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Paradela e Samos sen casos novos na última semana.
  • Láncara e Sarria, tamén con casos, teñen unha incidencia baixa.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.

Ribeira Sacra

  • O Saviñao, en alerta alta, reduce a súa incidencia, e segue por debaixo dos 10 casos.
  • A Pobra de Brollón, en alerta alta, segue cunha incidencia moi elevada e 10 casos.
  • Con incidencia baixa están tamén Monforte, Bóveda, Chantada e Sober.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Taboada.
  • Sen casos nos últimos sete días está Pantón e únese Quiroga.