Skip to main content
Uncategorized @gl

Primeiro falecemento na provincia en semanas

Por 5 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

Continúa o descenso de casos activos na provincia cun caso menos respecto a onte, na xornada anterior o descenso foi de 5.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 9 casos novos (onte foron 3). Ademais, as altas chegaron ás 11.737, 8 en 24 horas, o día anterior foron 11.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.087 casos rexistrados e 212 persoas falecidas, unha máis tras varias semanas sen defuncións, un home de 63 anos que estaba ingresado no Hula.

A presión hospitalaria mellora un pouco. A UCI baixa a 2 ingresados, os dous no Hula, mentres en planta son 9 os enfermos (1 menos), 5 no hospital de Lugo (1 menos), 1 en Burela e 3 en Monforte.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis. Quedan só tres concellos en alerta alta e o resto en baixa:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao, Rábade e A Pobra de Brollón.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Como en xornadas previas a situación é estable na parte norte da provincia, onde case non hai cambios. Rábade, que está en alerta alta xa leva unha semana sen casos novos. Na parte central da provincia só Lugo (que sobe lentamente) e Becerreá teñen casos xa que Pedrafita xa suma unha semana sen contaxios.

No sur mellora a situación aínda que A Pobra do Brollón está en valores moi elevados e Láncara ten a incidencia preto da alerta.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Burela, Foz e Barreiros.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, A Pontenova, Lourenzá e Xove.
  • Na última semana tampouco tiveron Riotorto e dende hoxe Ribadeo.

Terra Chá

  • Rábade continúa en situación de alerta alta pero por debaixo dos dez casos e sen novos contaxios na última semana.
  • Con incidencia leve están Vilalba, Meira, Friol, Guitiriz e Xermade, así como a veciña As Pontes, todos con menos de dez casos.
  • Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, A Pastoriza, Castro de Rei e Outeiro de Rei. Únese Cospeito.
  • Begonte están sen casos novos na última semana.

Centro da provincia

  • Lugo chega a 41 casos, 4 máis.
  • Con incidencia leve está Becerreá, que deixa de estar limpo de covid.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira, Guntín, O Corgo, Palas, Antas de Ulla, Monforte e Castroverde.
  • Sen casos os últimos 7 está Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Paradela e Samos sen casos novos na última semana.
  • Láncara e Sarria, tamén con casos, teñen incidencia. No primeiro Concello con valores de alerta media.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.

Ribeira Sacra

  • O Saviñao, en alerta alta, reduce a súa incidencia, e segue por debaixo dos 10 casos.
  • A Pobra de Brollón, en alerta alta, segue cunha incidencia moi elevada e 10 casos.
  • Con incidencia baixa están tamén Monforte e Sober.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Taboada.
  • Sen casos nos últimos sete días están Pantón e Quiroga. Únense Bóveda e Chantada