Skip to main content
Uncategorized @gl

Barreiros entra no nivel alto de restricións e Rábade cae ao medio

Por 9 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel alto de restricións para o Concello de Barreiros, que se suma ao da Pobra de Brollón no mesmo nivel. 

Por outra banda, Rábade rebaixa a súa incidencia e pasa ao nivel medio de restriccións. No resto dos concellos lugueses, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 12 de abril.

OS DATOS DE HOXE

A provincia suma de novo casos activos pero mantendo unha contención do virus. Así, hoxe hai 148 casos activos, 6 máis que onte, cando a xornada anterior restou 3.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 8 casos novos (onte foron 5). Ademais, as altas chegaron ás 11.763, 5 en 24 horas, o día anterior foron 9.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.128 casos rexistrados e 212 persoas falecidas.

A presión hospitalaria redúcese de forma sensible. A UCI segue con 3 ingresados, mentres en planta son 5 os enfermos, todos no Hula, mentres que os hospitais da Mariña e de Monforte están xa vacíos de covid.

Deste xeito, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, quedará deste xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Rábade e A Pobra de Brollón.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Malia o aumento de casos, a repercusión na provincia é moi baixa. Os concellos en alerta, Rábade e A Pobra de Brollón, xa levan limpos unha semana. E os casos que aparecen no resto de concellos son aislados e non repercuten nas incidencias xerais.

A Mariña

  • Incidencia leve en Cervo, Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo con incidencia baixa e con menos de 10 casos. Volve a ter Mondoñedo, pero con incidencia ao mínimo.
  • Barreiros ten alta a incidencia con valores de alerta media e segue con menos de dez casos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Alfoz, O Valadouro, A Pontenova, Lourenzá, Xove e Riotorto.

Terra Chá

  • Rábade continúa en situación de alerta alta pero rebaixa a incidencia coas altas médicas e sen novos contaxios na última semana.
  • Con incidencia leve están Xermade e A Pastoriza así como a veciña As Pontes, todos con menos de dez casos e incidencia baixa.
  • Meira volve a ter casos e con incidencia preto de alerta media.
  • Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, Castro de Rei e Outeiro de Rei.
  • Begonte, Cospeito, Vilalba e Guitiriz están sen casos novos na última semana. Únese Friol.

Centro da provincia

  • Lugo recupera a contención e diminúe o número de contaxios con 44, 1 menos.
  • Con incidencia leve están Becerreá e O Corgo. Baralla tamén deixa de estar limpa de covid.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, As Nogais, Portomarín, Baleira, Guntín, Palas, Antas de Ulla, Monterroso e Castroverde.
  • Sen casos os últimos 7 está Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Paradela, Samos e Sarria están sen casos novos na última semana.
  • Láncara segue con incidencia leve.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.

Ribeira Sacra

  • O Saviñao, deixará de estar en alerta alta con datos xa fóra de perigo e sen casos a última semana.
  • A Pobra de Brollón, en alerta alta, segue con 10 casos e ningún contaxio novo na última semana.
  • Con incidencia baixa están tamén Monforte e Sober. Únese Pantón, que deixa de estar limpo.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Taboada.
  • Sen casos nos últimos sete días están Quiroga, Bóveda e Chantada