Skip to main content
Uncategorized @gl

Os contaxios volven estabilizarse na provincia

Por 11 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

Este domingo retrocede a incidencia do virus de novo con 158 casos activos, 2 menos que onte, cando a xornada anterior sumou 12.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 8 casos novos (onte foron 18). Ademais, as altas chegaron ás 11.785, 13 en 24 horas, o día anterior foron 9.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.160 casos rexistrados e 212 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense estable. A UCI segue con 3 ingresados, mentres en planta son 4 os enfermos, todos no Hula.

Deste xeito, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, quedará deste xeito dende o luns:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Barreiros e A Pobra de Brollón.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Rábade
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Pequenos gromos desestabilizan a boa marcha do proceso de control do virus. Así Trabada eleva a incidencia e Fonsagrada, por exemplo deixa de estar limpo tras semanas sen casos. No Sur, seguen de camiño á contención, mellorando cifras.

A Mariña

  • Incidencia leve en Cervo, Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo e Mondoñedo con incidencia baixa e con menos de 10 casos.
  • Barreiros ten alta a incidencia con valores de alerta media e contará o luns con restricións.
  • Trabada aumenta os valores de incidencia ata a alerta alta polo que o martes podería cambiar a súa situación.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Vicedo, Alfoz, O Valadouro, A Pontenova, Lourenzá, Xove e Riotorto.

Terra Chá

  • Rábade, que pasará a alerta media, segue sen casos novos na última semana.
  • Con incidencia leve están Xermade e A Pastoriza así como a veciña As Pontes, todos con menos de dez casos e incidencia baixa.
  • Meira ten incidencia elevada.
  • Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, Castro de Rei e Begonte.
  • Cospeito, Vilalba, Guitiriz e Friol están sen casos novos na última semana.

Centro da provincia

  • Lugo reduce contaxios lentamente con 42, 4 menos.
  • Con incidencia leve están Becerreá, O Corgo e Baralla, As Nogais. Únese A Fonsagrada tras semanas limpo.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Portomarín, Baleira, Guntín, Palas, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde e Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Sarria está sen casos novos na última semana.
  • Láncara segue con incidencia leve.
  • Triacastela, O Incio, O Páramo, Paradela e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, en alerta alta, segue con 10 casos e ningún contaxio novo na última semana.
  • Con incidencia baixa están tamén Monforte, Sober, Pantón e Chantada.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Taboada. Únese Quiroga.
  • Sen casos nos últimos sete días están Bóveda e O Saviñao.