Skip to main content
Uncategorized @gl

Comezan os cambios de restricións con un tímido descenso de casos

Por 12 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

Este luns retrocede a incidencia do virus de novo aínda que de forma pouco significativa con 157 casos activos, 1 menos que onte, cando a xornada anterior descendeu 2.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 6 casos novos (onte foron 8). Ademais, as altas chegaron ás 11.794, 9 en 24 horas, o día anterior foron 13.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.168 casos rexistrados e 212 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, a UCI aumenta cun enfermo máis e xa son 4, os mesmos que en planta, todos no Hula.

Deste xeito, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, quedará deste xeito dende o luns:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Barreiros e A Pobra de Brollón.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Rábade
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

As cifras melloran nos concellos e alerta e preocupan en outros puntos como Trabada ou Meira e Xermade. No resto control e estabilidade.

A Mariña

  • Incidencia leve en Cervo, Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo e Mondoñedo con incidencia baixa e con menos de 10 casos.
  • Barreiros ten alta a incidencia e está xa en alerta alta.
  • Trabada segue con valores de incidencia similares aos da alta alta ou máxima.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Vicedo, Alfoz, O Valadouro, A Pontenova, Lourenzá, Xove e Riotorto.

Terra Chá

  • Rábade, en alerta media, leva quince días sen casos.
  • Con incidencia leve está A Pastoriza así como a veciña As Pontes, todos con menos de dez casos e incidencia baixa. Únese Vilalba que levaba máis dunha semana limpo.
  • Meira ten incidencia elevada e Xermade tamén a eleva a quince días cos mesmos valores.
  • Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, Castro de Rei, Outeiro de Rei e Begonte. Únese Cospeito.
  •  Guitiriz e Friol están sen casos novos na última semana.

Centro da provincia

  • Lugo sobe contaxios lentamente con 44, 2 máis.
  • Con incidencia leve están O Corgo, Baralla, As Nogais e A Fonsagrada. Palas volve ter casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde e Pedrafita.
  • Becerreá xa leva unha semana sen casos.

Comarca de Sarria

  • Sarria está sen casos novos na última semana. Únese Láncara.
  • Triacastela, O Incio, O Páramo, Paradela e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, en alerta alta, segue con 10 casos e ningún contaxio novo na última semana.
  • Con incidencia baixa están tamén Monforte, Sober, Pantón e Chantada.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada e Quiroga. Únese Bóveda.
  • Sen casos nos últimos sete días está O Saviñao.