Skip to main content
Uncategorized @gl

Novo aumento de casos activos e de hospitalizados

Por 13 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

Este martes volve aumentar a presencia do virus na provincia. Así, chega aos 169 casos activos, 12 máis que onte, cando a xornada anterior descendeu 1.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 10 casos novos (onte foron 6). Ademais, as altas chegaron ás 11.803, 9 en 24 horas, o día anterior foron tamén 9.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.189 casos rexistrados e 212 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, a UCI cotinúa con 4 enfermos e aumenta un en planta, todos no Hula.

Deste xeito, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, quedará deste xeito dende o luns:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Barreiros e A Pobra de Brollón.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Rábade
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

As cifras melloran nos concellos e alerta e preocupan en outros puntos como Trabada ou Meira e Xermade. No resto control e estabilidade.

A Mariña

  • Incidencia leve en Cervo, Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo e Mondoñedo con incidencia baixa e con menos de 10 casos.
  • Barreiros ten alta a incidencia e está xa en alerta alta.
  • Trabada segue con valores de incidencia similares aos da alta ou máxima.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Vicedo, Alfoz, O Valadouro, A Pontenova, Lourenzá, Xove e Riotorto.

Terra Chá

  • Rábade, en alerta media, leva quince días sen casos.
  • Con incidencia leve está A Pastoriza, Vilalba e a veciña As Pontes, todos con menos de dez casos e incidencia baixa.
  • Meira ten incidencia elevada e Xermade tamén a eleva a quince días cos mesmos valores.
  • Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Begonte e Cospeito.
  •  Guitiriz e Friol están sen casos novos na última semana.

Centro da provincia

  • Aumentan os contaxios en Lugo ata 56, 12 máis.
  • Con incidencia leve están Baralla, As Nogais, A Fonsagrada e Palas.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde e Pedrafita.
  • Becerreá e O Corgo xa levan unha semana sen casos.

Comarca de Sarria

  • Láncara está sen casos novos na última semana.
  • Triacastela, O Incio, O Páramo, Paradela e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas. Únese Sarria.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, en alerta alta, reduce a incidencia e baixa dos 10 casos e volve ter casos novos tras unha semana sen positivos.
  • Monforte chega aos 10 casos con incidencia baixa.
  • Con incidencia baixa están tamén Sober, Pantón e Chantada.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Quiroga e Bóveda.
  • Sen casos nos últimos sete días está O Saviñao.