Skip to main content
Uncategorized @gl

A provincia mantén a estabilidade con catro concellos en alerta

Por 16 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

Mentres no resto de Galicia aumentan de novo os casos de covid, na área sanitaria da provincia de Lugo diminúen. Así, este venres hai 173 os casos activos, 3 menos, cando a xornada anterior foron 7 máis.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 10 casos novos (onte foron 14). Ademais, as altas chegaron ás 11.839, 18 en 24 horas, o día anterior foron 7.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.229 casos rexistrados e 212 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, a UCI mantén a súa incidencia con 3 enfermos, e seguen en planta 8 persoas en total. 5 están no Hula (1 menos), 2 no hospital da Mariña e 1 no de Monforte, que levaba máis dunha semana sen casos.

Na última comunicación do comité clínico, se manteñen as mesmas restricións nos concellos e súmase á situación de alerta As Pontes, que estará dende o luns en alerta media.

Deste xeito, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, quedará deste xeito dende o 16 de abril:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Barreiros.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. A Pobra de Brollón, Meira, Trabada e As Pontes.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A presenza da covid aumenta na Mariña mentres no resto da provincia segue estable.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Mondoñedo e Xove con incidencia baixa e con menos de 10 casos.
  • O Vicedo tamén suma casos novos tras moitas semanas limpo.
  • Barreiros ten alta a incidencia e seguirá en alerta alta. Ten 10 contaxios.
  • Trabada segue con valores de incidencia alta pero con alerta media.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Alfoz, O Valadouro, A Pontenova, Lourenzá e Riotorto.
  • Sen casos novos na última semana está Cervo.

Terra Chá

  • Con incidencia leve está Vilalba con menos de dez casos e incidencia baixa e Xermade, que reduce a incidencia.
  • As Pontes, con incidencia baixa entrará o luns en alerta media.
  • En Meira subiu a incidencia e segue en alerta media.
  • Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Begonte, Cospeito e Guitiriz. Súmanse Friol e Rábade.
  • A Pastoriza está sen casos novos na última semana.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixan en un e agora son 58.
  • Con incidencia leve están Baralla, As Nogais, A Fonsagrada e Palas.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde e Pedrafita.
  • Becerreá e O Corgo xa levan unha semana sen casos.

Comarca de Sarria

  • Láncara está sen casos novos na última semana.
  • Triacastela, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Sarria seguen limpos de covid dende fai dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, que seguirá en alerta media, reduce a incidencia.
  • Monforte suma un caso e xa son 11.
  • Con incidencia baixa están tamén Chantada e aumenta en Quiroga. Carballedo volve ter casos tras varias semanas limpo.
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada e Bóveda. Únese O Saviñao.
  • Sen casos nos últimos sete días están agora Pantón e Sober.