Skip to main content
Uncategorized @gl

Destacan en Monforte o labor de Prodeme

Por 18 Abril, 2021Abril 21st, 2021Sin comentarios

Visita do vicepresidente económico, Francisco Conde, e o delegado territorial, Javier Arias, ás instalacións de Prodeme

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta mañá en Monforte de Lemos as diferentes instalacións coas que conta a Asociación para a Protección de Persoas con Discapacidade Intelectual (Prodeme) no concello.

Na súa visita, con motivo do incendio rexistrado no mes de febreiro na nave da leña da granxa que posúe Prodeme, Conde destacou o labor desta asociación. Prodeme leva 40 anos facilitando apoio para garantir a autonomía persoal, benestar e acceso ao emprego das persoas con discapacidade intelectual.