Skip to main content
Uncategorized @gl

Nova baixada de casos activos de covid

Por 24 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A provincia segue a conter a covid e así este sábado amanece con 205 casos activos, cinco menos, cando a xornada anterior o descenso foi de só un caso.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 13 casos novos (onte foron 12). Ademais, as altas chegaron ás 11.927, 20 en 24 horas, o día anterior foron 15.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.350 casos rexistrados e 213 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, a UCI mantén a súa incidencia en 4 enfermos, e reducen en 1 a cifra de ingresados en planta, 7 persoas en total. 3 están no Hula (1 menos), 2 no hospital da Mariña e 2 Monforte.

Na última comunicación do comité clínico, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, quedará deste xeito dende o luns:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Meira.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Barreiros, Trabada, Chantada e As Pontes.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

O crecemento da covid cínguese practicamente a Lugo, onde hai un gromo no barrio de Montirón. Mellora a situación na Mariña e tamén no Sur. Así mesmo, melloran cifras os concellos en alerta.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro e Foz con incidencia baixa e con menos de 10 casos.
  • Burela xa volve estar por debaixo dos dez casos fronte aos 12 de onte.
  • Barreiros, en alerta media, segue a reducir a incidencia.
  • Ribadeo, debido ás altas, xa está por debaixo dos dez casos cando onte tiña 13.
  • Trabada segue con valores de incidencia máxima pero con alerta media e menos de dez casos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Alfoz, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto e Cervo.
  • Sen casos novos na última semana está Mondoñedo, Xove e O Vicedo. Súmase Lourenzá.

Terra Chá

  • Con incidencia leve está A Pastoriza con menos de dez casos e incidencia baixa.
  • As Pontes, con incidencia baixa seguirá en alerta media.
  • En Meira, que está en alerta alta, mellora a incidencia.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Pol, Abadín, Muras, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Friol e Rábade.
  • Vilalba e Xermade están sen casos na última semana.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben a 87 (8 máis). Proceden dun gromo no barrio de Montirón.
  • Con incidencia leve están Palas, Cervantes e Ribeira de Piquín, con menos de dez casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, Becerreá e O Corgo. Súmase As Nogais e Baralla.
  • A Fonsagrada xa levan unha semana sen casos.

Comarca de Sarria

  • Sarria e Láncara teñen poucos casos con incidencia baixa.
  • Triacastela, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos, Sarria seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte segue con 10 casos.
  • Chantada segue con 11 casos por un gromo.
  • Con incidencia baixa están Pantón e Quiroga.
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao e Sober.
  • Sen casos nos últimos sete días están A Pobra de Brollón e Carballedo.