Skip to main content
Uncategorized @gl

Aumenta a presión hospitalaria pero os casos activos seguen controlados

Por 25 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A provincia suma un novo caso este domingo ata 206 activos, un dato que segue a falar de contención do virus na provincia, que na xornada anterior tivo un descenso de cinco casos.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 10 casos novos (onte foron 13). Ademais, as altas chegaron ás 11.939, 12 en 24 horas, o día anterior foron 10.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.363 casos rexistrados e 213 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, a UCI mantén a súa incidencia en 4 enfermos, e aumentan en 2 os ingresados en planta, 9 persoas en total. 4 están no Hula (1 máis), 3 no hospital da Mariña (1 máis) e 2 Monforte.

Na última comunicación do comité clínico, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, quedará deste xeito dende o luns:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Meira.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Barreiros, Trabada e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

O crecemento da covid cínguese practicamente a Lugo, onde hai un gromo no barrio de Montirón. Mellora a situación na Mariña e tamén no Sur. Así mesmo, melloran cifras os concellos en alerta.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Foz, Burela e Ribadeo con incidencia baixa e con menos de 10 casos.
  • Barreiros, en alerta media ata o luns, segue a reducir a incidencia.
  • Trabada segue con valores de incidencia máxima pero con alerta media e menos de dez casos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Alfoz, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto e Cervo. Súmase Mondoñedo.
  • Sen casos novos na última semana están Xove, O Vicedo e Lourenzá.

Terra Chá

  • As Pontes deixará mañá de estar en alerta media.
  • En Meira, que está en alerta alta, mantén unha incidencia elevada por debaixo dos dez casos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Pol, Abadín, Muras, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Friol e Rábade.
  • Vilalba e Xermade están sen casos na última semana. Únese A Pastoriza.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben a 91 (4 máis).
  • Con incidencia leve están Palas e Cervantes, con menos de dez casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, Becerreá e O Corgo, As Nogais e Baralla. Únese A Fonsagrada.
  • Ribeira de Piquín xa leva unha semana sen casos.

Comarca de Sarria

  • Sarria e Láncara teñen poucos casos con incidencia baixa. Únese O Páramo.
  • Triacastela, O Incio, Paradela e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte segue con 10 casos.
  • Chantada suma un caso máis ata 12.
  • Con incidencia baixa e menos de dez casos está Pantón.
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao e Sober.
  • Sen casos nos últimos sete días están A Pobra de Brollón e Carballedo. Súmase Quiroga.