Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid estáncase arredor dos 200 casos mentres a hospitalización aumenta

Por 27 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A provincia continúa unha xornada máis contendo o virus e tamén segue a empeorar a presión hospitalaria. Así, este martes volven ser 204 os casos activos, os mesmos que onte,  cando na xornada anterior baixaron dous casos. As altas axudan a esta contención, xa que seguen a darse pequenos gromos illados.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 13 casos novos (onte foron 8). Ademais, as altas chegaron ás 11.965, 14 en 24 horas, o día anterior foron 12.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.387 casos rexistrados e 213 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, a UCI mantén a súa incidencia en 4 enfermos, e aumentan en 1 os ingresados en planta, 12 persoas en total. 6 están no Hula (1 máis), 2 no hospital da Mariña (1 menos) e 4 Monforte (1 máis).

Na última comunicación do comité clínico, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, quedará deste xeito dende onte:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Meira.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Barreiros, Trabada e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Detéctanse casos illados en varios concellos da Mariña e Terra Chá pero os concellos seguen mantendo a incidencia baixa, agás os que están en alerta.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Foz, Burela e Ribadeo con incidencia baixa e con menos de 10 casos. Únese Alfoz tras meses limpo.
  • Trabada segue en alerta media, por debaixo de dez casos e reducindo incidencia.
  • Mondoñedo, tras cumprir 15 días sen casos volve dar positivos, pero fóra da zona de alerta.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto e Cervo.
  • Sen casos novos na última semana están Xove, O Vicedo e Lourenzá. Súmase Barreiros, aínda en alerta media.

Terra Chá

  • En Meira, que está en alerta alta, mantén unha incidencia elevada por debaixo dos dez casos.
  • A Pastoriza, Friol e Vilalba volven ter casos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Pol, Abadín, Muras, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Friol e Rábade.
  •  Xermade segue sen casos na última semana.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixan a 88 (4 menos).
  • Con incidencia leve está Cervantes, con menos de dez casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, Becerreá e O Corgo, As Nogais, Baralla e A Fonsagrada.
  • Ribeira de Piquín e Palas xa leva unha semana sen casos.

Comarca de Sarria

  • Sarria, Láncara, O Páramo e Paradela teñen poucos casos con incidencia baixa.
  • Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte con incidencia leve.
  • Chantada segue con 13 casos.
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao e Sober. Súmase A Pobra de Brollón.
  • Sen casos nos últimos sete días están Carballedo e Quiroga. Súmase Pantón.