Skip to main content
Uncategorized @gl

As restricións por concellos manteranse igual unha semana máis

Por 28 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A estabilidade nos datos de contaxios da covid na provincia nos últimos días deixou tamén unha cotinuidade nas restricións por concellos da Xunta de Galicia.

Así o comité clínico decidiu manter estas tal e como estaban. Así Meira continuará en alerta alta e Chantada, Trabada e Barreiros en alerta media. O resto, seguirán fóra da zona de alarma. Esta decisión mantense á espera das medidas que se tomarán unha vez que se elimine o estado de alarma, que se prevé que se faga o próximo mes.

Polo tanto, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, continuará deste xeito dende o venres:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Meira.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Barreiros, Trabada e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

OS DATOS DE HOXE

Mentres a situación non empeora a nivel de alertas, este martes a área sanitaria conta cun aumento destacado de casos. Así hai 215 casos activos, 11 máis que onte, cando na xornada anterior mantívose estable. Un gromo en Lugo é bastante responsable deste aumento.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 17 casos novos (onte foron 13). Ademais, as altas chegaron ás 11.974, 9 en 24 horas, o día anterior foron 14.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.407 casos rexistrados e 213 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, a UCI mantén a súa incidencia en 4 enfermos, e reduce en 1 os ingresados en planta, 11 persoas en total. 5 están no Hula (1 menos), 1 no hospital da Mariña (1 menos) e 5 Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Tanto na Mariña como en Terra Chá aparecen casos en concellos que levaban semanas limpos de covid polo que cada vez son menos os que non teñen casos. No Sur a situación mellora.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Foz, Burela, Ribadeo e Alfoz con incidencia baixa e con menos de 10 casos. Únense Cervo e Lourenzá.
  • Trabada segue en alerta media, por debaixo de dez casos e incidencia alta.
  • Mondoñedo, tras cumprir 15 días sen casos volve dar positivos, pero fóra da zona de alerta.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova e Riotorto.
  • Sen casos novos na última semana están Xove e O Vicedo. Tamén Barreiros, aínda en alerta media.

Terra Chá

  • En Meira, que seguirá en alerta alta, reduce a incidencia por debaixo dos dez casos.
  • A Pastoriza, Friol e Vilalba están con incidencia leve. Tamén o concello veciño das Pontes.
  • Tamén volven ter casos Outeiro de Rei, Pol e Cospeito que levaban semanas limpos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Castro de Rei, Begonte, Guitiriz e Rábade.
  •  Xermade segue sen casos na última semana.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixan a 84 (4 menos).
  • Con incidencia leve está Cervantes, con menos de dez casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, Becerreá e O Corgo, As Nogais, Baralla e A Fonsagrada.
  • Ribeira de Piquín e Palas xa leva unha semana sen casos.

Comarca de Sarria

  • Láncara, O Páramo e Paradela teñen poucos casos con incidencia baixa.
  • Sarria xa leva unha semana sen casos novos.
  • Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte con incidencia leve.
  • Chantada segue con 13 casos.
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober e A Pobra de Brollón.
  • Sen casos nos últimos sete días están Carballedo, Quiroga e Pantón.