Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos activos volven a conterse malia seguir subindo lentamente os novos contaxios

Por 29 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

O crecemento de casos activos na provincia retrocede aínda que con saldo positivo. Así, hoxe son 219 casos activos, 4 máis que onte, cando na xornada anterior creceron en 11.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 18 casos novos (onte foron 17). Ademais, as altas chegaron ás 11.991, 17 en 24 horas, o día anterior foron 9.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.428 casos rexistrados e 213 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, a UCI mantén a súa incidencia en 4 enfermos, o mesmo que os ingresados en planta, 11 persoas en total. 4 están no Hula (1 menos), 1 no hospital da Mariña e 6 Monforte (1 máis).

O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, continuará deste xeito dende mañá:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Meira.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Barreiros, Trabada e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Tralas subidas rexistradas onte a situación na provincia segue a ser estable e practicamente non se rexistran casos, agás en Lugo capital, onde o aumentan os casos debido ao gromo.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Foz, Burela, Ribadeo, Alfoz , Cervo, Mondoñedo e Lourenzá.
  • Trabada segue en alerta media, por debaixo de dez casos e incidencia alta.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova e Riotorto.
  • Sen casos novos na última semana están Xove e O Vicedo. Tamén Barreiros, aínda en alerta media.

Terra Chá

  • En Meira, que seguirá en alerta alta, reduce a incidencia na última semana.
  • A Pastoriza, Friol, Vilalba, Outeiro de Rei, Pol e Cospeito teñen casos pero con incidencia leve.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Castro de Rei, Begonte, Guitiriz e Rábade.
  •  Xermade segue sen casos na última semana. Súmase a veciña As Pontes.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo volven subir chegando a 91 (7 máis).
  • Con incidencia leve está Cervantes, con menos de dez casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, Becerreá e O Corgo, As Nogais, Baralla e A Fonsagrada.
  • Ribeira de Piquín e Palas xa leva unha semana sen casos.

Comarca de Sarria

  • Láncara, O Páramo e Paradela teñen poucos casos con incidencia baixa. Sarria volve a rexistrar casos.
  • Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte con incidencia leve. Carballedo volve ter casos, tamén con incidencia leve.
  • Chantada segue con 13 casos.
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober e A Pobra de Brollón.
  • Sen casos nos últimos sete días están Quiroga e Pantón.