Skip to main content
Uncategorized @gl

Brusca subida de casos novos de covid debido aos gromos

Por 30 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A tendencia á contención rompeu na provincia coa primeira subida importante de casos en varias semanas. De feito, hoxe son 236 os casos activos, 17 máis que onte, cando na xornada anterior creceron en 4.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 23 casos novos (onte foron 18), unha cifra importante que rompe coa tendencia das últimas semanas. Ademais, as altas chegaron ás 11.997, 6 en 24 horas, o día anterior foron 17.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.451 casos rexistrados e 213 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, a UCI mantén a súa incidencia en 4 enfermos, pero sube drasticamente a hospitalización entre os ingresados en planta con 4 máis en 24 horas, 15 persoas en total. 5 están no Hula (1 máis), 3 no hospital da Mariña (2 máis) e 7 Monforte (1 máis).

O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, continuará deste xeito dende hoxe:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Meira.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Barreiros, Trabada e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Os gromos de Chantada e Lugo repercuten nas cifras e causan a subida de casos activos. Preocupan os datos na Pastoriza, que temén rexistra unha elevada incidencia.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Foz, Burela, Ribadeo, Alfoz , Cervo, Mondoñedo e Lourenzá.
  • Trabada segue en alerta media, por debaixo de dez casos e incidencia alta.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova e Riotorto. Únense O Vicedo e Xove.
  • Sen casos novos na última semana está Barreiros, aínda en alerta media.

Terra Chá

  • En Meira, que seguirá en alerta alta, reduce a incidencia na última semana.
  • Friol, Vilalba, Outeiro de Rei, Pol e Cospeito teñen casos pero con incidencia leve.
  • A Pastoriza está tamén por debaixo de dez casos pero eleva a súa incidencia.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Castro de Rei, Begonte, Guitiriz e Rábade.
  •  Xermade e As Pontes segue sen casos na última semana.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo volven subir chegando a 96 (5 máis).
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, Becerreá e O Corgo, As Nogais, Baralla e A Fonsagrada.
  • Ribeira de Piquín e Palas xa leva unha semana sen casos. Súmase Cervantes.

Comarca de Sarria

  • Láncara, O Páramo, Paradela e Sarria teñen poucos casos con incidencia baixa.
  • Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte e Carballedo teñen casos pero con incidencia leve.
  • Chantada sobe a 20 casos (7 máis).
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober e A Pobra de Brollón.
  • Sen casos nos últimos sete días están Quiroga e Pantón.