Skip to main content
Burela

O Osa do Mar de Burela terá lugar en maio e setembro

Por 1 Maio, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Osa do Mar de Burela chega este ano á súa sétima edición e terá lugar o 16 de maio e o 24 e 25 de setembro. Por mor da pandemia, haberá cambios no propio festival, xa que só haberá como único escenario a casa da cultura de Burela.

Nesta edición, o festival dividirase en dúas grandes citas, a véspera das Letras Galegas o 16 de maio, e os días 24 e 25 de setembro. Só haberá dous ou tres bandas e/ou artistas en cada xornada.

O primeiro artista confirmado é Grande Amore e terá un prezo de 10 euros por persoas, ademais haberá outra banda ou artista galego aínda por confirmar, e celebrarase unha charla-debate sobre O galego na música.