Skip to main content
Axenda Caducada

O IES Monte Castelo de Burela organiza unha charla-obradoiro

Por 6 Maio, 2021Maio 30th, 2021Sin comentarios

O IES Monte Castelo de Burela organiza unha charla-obradoiro sobre a oferta educativa do IES Perdouro, xa que se compón de seis ciclos formativos distribuidos entre catro familias profesionais.

Esta charla será os días 26 e 30 de maio para alumnos de 3º e 4º da ESO.

O IES Perdouro conta con FP Básico en Fabricación e Montaxe (BFME01), de Grao Medio en Instalacións de Telecomunicacións (MELE02), Mecanizado (MFME01), Peiteado e Cosmética Capilar (MIMP02) e Xestión Administrativa (MADG01). Tamén ten Formación Profesional de Grao Superior en Administración e Finanzas (SADG01).