Skip to main content
Axenda Caducada

A Feira de Artesanía de Viveiro celebrarase en agosto

Por 26 Maio, 2021Agosto 22nd, 2021Sin comentarios

A XXXVII Feira de Artesanía de Viveiro celebrarase entre o 13 e 22 agosto nos xardíns de Noriega Varela, e xa está aberta a inscrición para os artesáns que queiran participar.

O horario da feira será de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 22.00 horas e as solicitudes deben presentarse antes do 20 de xuño no correo feiradeartesaniadeviveiro@ gmail.com.

Os stands terán unha medida de 3×2 metros e contarán cun circuíto de entrada e saída para evitar aglomeracións. O prezo por cada expositor é de 390 euros.

Ademais, a organización convocou dous premios, un de 200 euros á mellor presentación do stand e un de 100 euros ao mellor produto, ben sexa por orixinal, innovador, ecolóxico, sustentable….

As personas interesadas poden poñerse en contacto coa organización nos teléfonos 636 737 608 e 637 570 444.