Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Traballadores de Alcoa estudan volver á folga

Por 3 Maio, 2021Sin comentarios

O comité convocou unha asemblea de traballadores para hoxe, ás tres e dez da tarde, para informar os traballadores da situación na que se atopa o proceso de venda e na que estudaron as posibles mobilizacións ou outras medidas para forzar unha resolución da situación.

Ao remate da xuntanza informaron da nova asemblea que celebrarán o mércores 5 ás 13.30 diante do hórreo para informar sobre a venda de Alcoa á Sepi, e as posibles manifestacións.

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, comunicou que “temos mañá unha reunión ás 20.30 convocada polo Ministerio”.

Tamén dixo que “a Sepi ten que comprometerse a facerse cargo. Levamos un ano loitando e seguiremolo facendo con cabeza”.