Skip to main content
Comarca AMARIÑAXACultura AMARIÑAXA

Muebles Almayo: “Coa pandemia crece a demanda de mobles de maior calidade”

Por 16 Maio, 2021Decembro 18th, 2023Sin comentarios

Yolanda García e Alejandro Maseda son propietarios de Muebles Almayo

Yolanda García Pereira e Alejandro Maseda Meitín son os propietarios da cadea de mobles da Mariña Muebles Almayo. Na actualidade contan con tres tendas comerciais distribuídas ao longo da comarca, concretamente nos concellos de Barreiros, Ribadeo e Burela.

Falamos con Yolanda para que nos conte como foi a evolución da súa empresa e do sector ao longo de estes anos, como lles afectou a pandemia e cales son os seus plans de futuro para seguir prestando un servizo de calidade como o ofertado hasta a actualidade.

Yolanda, cales son as orixes da creación da marca Muebles Almayo?

Comezamos en  xullo de 2007, e dicir, fai case 14 anos. Eu xa traballara no sector, Alex proviña de outro pero vimos que había un mercado con unhas demandas que podiamos cubrir e decidimos emprender este negocio.

Cal foi a primeira tenda en abrir e como e cando nacen as seguintes?

Burela foi o primeiro punto de venda, non onde estamos agora senón noutro emprazamento. Logo sobre uns 4 anos máis tarde decidimos ampliar e abrimos un novo establecemento de importantes dimensións en Barreiros. Sufrimos a crise da construción e financeira e tivemos que pechar Burela, pero sempre tiñamos na cabeza a idea de volver aos nosas orixes. Isto foi posible en outubro do 2020, e uns poucos meses antes, en agosto abrimos tamén en Ribadeo. A idea de ter varias tendas parte da base de que queremos estar cerca do noso cliente, queremos que sexa unha experiencia plácida o feito de asesorarse e mercar nos nosos establecementos. Intentamos evitarlles desprazamentos e que todo lles resulte agradable, xa que non so dispoñemos de mobles senón de todo o necesario para decorar o fogar e incluso facemos os deseños 3D en función de cada necesidade. Agora mesmo para prestar o servizo de calidade que ofrecemos estamos traballando 8 persoas.

Que podemos encontrar nas tendas de Muebles Almayo entón?

Pois como levamos no nome implícito o primeiro unha ampla gama de mobles para tódalas estancias dunha casa, estes poden ser feitos a medida adaptándonos ao gusto e espazos de cada familia. Pero non solo temos mobiliario, temos todo o relacionado co descanso sofás, camas a propia roupa de cama, todos os téxtiles para o fogar e non menos importante e o noso abano de artigos de decoración e incluso de papel pintado. Sempre recomendamos preguntar sen medo, porque temos capacidade para realizar os servizos todos que precisan para a súa casa. Dispoñemos así mesmo dunha liña de moble de cociña e tamén de mobiliario e decoración de xardíns e exterior. Tamén para as empresas temos unha gran variedade en mobiliario de oficina.

E encargádesvos de tódolos servizos, venta, transporte, montaxe?

Por suposto, é unha necesidade que a xente valora especialmente. Non consiste só en vender mobiliario, para nós é fundamental asesorar ao cliente mostrándolle tódalas posibilidades para as súas necesidades. Unha vez escollida a compra o cliente debe despreocuparse, aí é cando nós temos que poñer a máxima calidade no servizo, levamos os mobles a casa, montámolos e non so iso, tamén facemos un seguimento posterior a venda, porque un produto pode ter unha tara ou pode aparecer a necesidade futura de recambios, etc… Intentamos estar o lado do cliente a axudalo.

Traballades produtos a medida do cliente ou produtos modulares?

Como che dixen podemos facer todo  a medida e seguindo os gustos do cliente e podemos mostrarlle como quedaría nun futuro na habitación que ocupará, así como mostrarlle como queda o papel pintado combinado cunha paleta de cores por exemplo.

Como afectou o sector a Covid-19? Detectades algún cambio nos gustos e nas necesidades dos clientes?

Vemos que a xente presta máis atención o confort do seu fogar e do seu entorno. Cada vez esixen máis calidade por riba do prezo. Aumentou moitísimo a esixencia así como a demanda de mobiliario de descanso como poden ser sofás e camas, tamén as mesas de comedor. Pasamos máis horas na casa e desfrutamos máis das comidas entorno a mesa, tamén no exterior observamos como se está dotando de mobiliario zonas que antes apenas tiñan uso. Temos unha importante exposición de mobiliario e decoración de xardín para desfrutalo ao máximo.

Cara onde queredes levar Muebles Almayo no futuro?

Pois para nós é fundamental seguir a liña que temos marcada. Estar o máis próximos posible dos nosos clientes, fomentar o comercio local e asesorar cos mellores medios técnicos e humanos as persoas. O noso futuro pasa por seguir ofrecendo ós clientes unha agradable e cómoda experiencia de compra para que desfruten dos nosos produtos e servizos durante moito tempo.