Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Os traballadores de Alcoa acordan dous meses máis de prazo para a venda

Por 19 Maio, 2021Sin comentarios

A asemblea de traballadores de Alcoa en San Cibrao ratificaron o acordo alcanzado entre o comité de empresa e a compañía polo cal se abre un proceso de venda á vez que se avala suspender a folga e manter a paz social. Dase así un novo período de marxe de dous meses, ata o 19 de xullo, con seguimento de forma quincenal.

Este acordo da asemblea tivo lugar onte con todos a favor agás un, segundo informou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.

Firmouse así por ambas parte un acordo que establece varias condicións. A primeira é que a venda fágase a través da Sociedade Estatal de Patentes Industriais (SEPI), mentres Alcoa manterá as negociacións de forma directa cos seis compradores interesados, facilitados pola propia SEPI.

E é que a primeira cláusula do acordo para avanzar na venda inclúe como “imprescindible” que sexa a SEPI a que compre a planta de aluminio para despois realizar a transacción a un terceiro. Ademais, Alcoa tamén se compromete a negociar de boa fe coa Sepi e cos inversores e a manter a produción, co mesmo número de cubas en funcionamento que na actualidade.

Igualmente, recóllese que as empresas interesadas expoñerán ao comité de empresa os plans industriais e enerxéticos para facerse coa factoría.