Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Burela acollerá a manifestación dos pescadores recreativos

Por 26 Maio, 2021Sin comentarios

O vindeiro sábado 29 de maio ás 12.00 horas en Burela haberá unha manifestación dos afeccionados á pesca recreativa.

Este pescadores protestan contra o borrador do real decreto de pesca marítima de recreo en augas exteriores. A manifestación arrincará na sede da confraría de pescadores burelesa e concluirá na Praza do Concello, onde se lerá un manifesto.