Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O Supremo tratará en xullo o recurso de Alcoa contra as medidas cautelares

Por 25 Maio, 2021Maio 27th, 2021Sin comentarios

A situación de tensión en Alcoa segue xerando cambios. Así, a última nova xudicial indica que o Tribunal Supremo reunirase o próximo 14 de xullo para a votación e fallo do recurso de Alcoa contra as medidas cautelares impostas na fábrica da multinacional do aluminio en Cervo.

A decisión de por si non implicará cambio ningún xa que o despedimento colectivo que pretendía aplicar Alcoa xa foi declarado nulo, pero compete xuridicamente xa que segue pendente o recurso contra o fallo que declarou nulo o ERE.

Mentres esto sucede continúa en marcha o proceso de venda. Así, agora mesmo, Alcoa segue negociando coas empresas interesadas na compra da sección do Aluminio, para o que os traballadores abriron unha nova queda de paz social de dous meses de duración.