Skip to main content
BurelaComarca AMARIÑAXA

Tres empresas optan a redactar o proxecto de melloras no hospital de Burela

Por 27 Maio, 2021Sin comentarios

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou hoxe en sede parlamentaria sobre as melloras realizadas nas infraestruturas sanitarias da provincia de Lugo, así como nas prestacións, servizos e equipamento que levan aparelladas. 

En canto ao Hospital da Mariña, o titular da carteira sanitaria galega, indicou que se continúa avanzando na mellora de todas as súas instalacións. Comesaña lembrou que xa están remataron as fases 0,1A e 1B coa execución dun novo edificio para consultas externas e de hospitalización, así como o novo aparcadoiro e a reforma do edificio existente.

O seguinte paso é executar as Fases II e III coa construción dun novo edificio anexo sin funcións asistenciais Tamén se reformarán diversas áreas do edificio existente, ampliarase a área de urxencias, reformarase a área de cirurxía maior ambulatoria, a URPA (unidade de recuperación postanestésica) e a unidade de críticos. O proxecto básico de execución e de dirección facultativa destas dúas fases atópase agora mesmo en licitación e xa rematou a fase de presentación de ofertas, á que se teñen presentado tres empresas.