Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Os traballadores de Alcoa volven á rúa cunha concentración en Xove

Por 30 Maio, 2021Sin comentarios

Preto de 5.000 persoas, segundo estimacións do comité de empresa, participaron esta mañá en Xove nunha nova concentración para urxir ao Goberno central a acometer a intervención temporal da fábrica a través da Sociedad Estatal de Participaciones Industriales (SEPI).

Esta marcha coincide co aniversario da presentación do ERE por parte de Alcoa, ERE que foi paralizado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e que foi recurrido pola empresa. De feito, en breves días varase dito recurso.

Novamente, os cascos, os monos de traballo e os globos azuis estiveron presentes xunto ás consignas xa habituais de Enerxía solución e A Mariña sálvase loitando.

Durante a concentración, os traballadores fixeron saltar polo aires unha tarta de cumpreanos para simbolizar o tempo transcurrido.

Por outra banda, o comité de empresa anunciou que ten previsto iniciar o mércores unha serie de reunións cos posibles compradores da planta, comezando por Liberty.