Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAFoz

A focense Vanessa Ares acadou o bronce no Campionato Nacional de Kikcboxing

Por 17 Maio, 2021Maio 18th, 2021Sin comentarios

A focense Vanessa Ares acadou o bronce no Campionato Nacional de Kikcboxing que se celebrou esta fin de semana en Guadalaxara

A deportista, que participou na categoría de menos de 60 quilos e xa conseguira en marzo o campionato galego, un título que xa conseguira no ano 2018 e 2020.

 A boxeadora conta co incondicional apoio de Ismael Entrena, que a axuda a prepararse para os campionatos e a levar o club que fundou no seu pobo, o Ari Foz Contact, que conta con 25 licencias federadas.

Os éxitos de Vanessa Ares son moi recoñecidos na Mariña e sente moito agradecemento polo Concello de Foz, “síntome moi arroupada por eles, dende a primeira vez que lles ofrecín organizar a Velada de Kickboxing, animáronme a montar o club e apoiáronme sempre en todo”.

A focense anima a que calquera muller pode subirse a un ring, “as mulleres poden pelexar e poden facer un adestramento físico do mesmo xeito que o pode facer un home, eu animo a tódalas aquelas rapazas que que queiran facelo a que o fagan e non pensen no que dirán. Necesitamos máis igualdade e apoiarnos máis entre nós mesmas”.