Skip to main content
Alfoz

Comezaron as obras de construción da nave de maquinaria de Alfoz

Por 28 Maio, 2021Sin comentarios

O alcalde de Alfoz, Jorge Val, informou do comezo das obras de construción dunha nave que servirá para almacenar maquinaria municipal. A Deputación fixo unha achega de 115.300 euros para estas instalacións, que se levantarán na Granda de San Pedro, xunto á piscina municipal e o colexio. E o Concello aportará 4.435 euros.

“Esta nave é moi necesaria porque agora mesmo a maquinaria municipal estase gardando ó aire libre, o que, ademais de expoñela a roubos, que xa se teñen producido, acelera o seu deterioro e provoca avarías que, de estar resgardada, non se producirían”, explicou o alcalde.

Construirase unha nave de 350 m2, completamente diáfana que dará cabida a dous tractores desbrozadores, unha motobomba, unha pala mixta, un camión grúa pequeno e un vehículo todoterreo.