Skip to main content
Alfoz

O Concello de Alfoz está a rematar as obras na piscina

Por 31 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello de Alfoz está a rematar as obras de renovación e mellora na piscina municipal que se abrirá durante os meses de xullo e agosto.

Estas tarefas consisten na sustitución de baixantes, pintar todas as intalacións, reparar as portas, fontanería varia e pintar o vaso grande.

Dende a casa consistorial lembran que o uso da mesma é totalmente gratuito, sendo un servizo fundamental durante o verán contando con dous vasos, un deles infantil, e unha amplia zona verde de lecer, servizo de socorrista, etc.