Skip to main content
Barreiros

Os nenos do CEIP San Miguel de Reinante crearon un folleto turístico

Por 30 Maio, 2021Sin comentarios

Os nenos de primeiro e segundo de Primaria do CEIP San Miguel de Reinante fixeron unha gran iniciativa que, de seguro, fomentará a valorización do territorio.

Esta consistiu en elaborar un folleto turístico elaborado do seu puño e letra e incluindo un pequeno resumo xeográfico e demográfico, un listado das praias, roteiros e miradoiros , gastronomía, e algúns dos atractivos turísticos da contorna. Estes folletos están dispoñibles na Oficina de Turismo.

Ademais elaboraron un fermoso vídeo con imaxes do Concelllo.