Skip to main content
Barreiros

Limpáronse os treitos interurbanos do río Santiago en Barreiros

Por 31 Maio, 2021Sin comentarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Santiago, no concello de Barreiros.

Estes traballos estanse a desenvolver nun treito deste río de 1,7 km de lonxitude, ao seu paso pola parroquia de Reinante. 

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como na roza selectiva para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-norte e as súas zonas de acceso e protección.

Os traballos do departamento que dirixe Ethel Vázquez contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.