Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan en Burela un curso dirixido á comunidade inmigrante

Por 1 Maio, 2021Maio 27th, 2021Sin comentarios

O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación de Burela vai organizar un cursiño para axudar a preparar a proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España para a obtención da nacionalidade española. Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

A edil Noelia Mª Ben explica que “a temática deste curso é coñecer o Goberno, lexislación e participación cidadá, os dereitos e deberes fundamentais e a organización territorial e a xeografía física e política de España. Ademais de coñecer a cultura e a historia do país e a sociedade española”.

A concelleira de Inmigración e Cooperación engade que “con esta formación trátase de axudar a preparar a mencionada proba esixible para a obtención da nacionalidade española”.

O cursiño ofertado  terá unha duración de 50 horas e será impartido dende o 10  ata o 27 de maio en dependencias do Concello de Burela. As persoas interesadas poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao 982 58 60 00.