Skip to main content
Burela

A AECC organizará roteiros saudables os mércores por Burela

Por 5 Maio, 2021Sin comentarios

A delegación na Mariña da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizará roteiros saudables os mércores en Burela.

Previr o cancro, xestionar o cansazo e gañar en saúde serán os obxectivos dunhas camiñadas que darán comezo o mércores 12 cun roteiro que partirá da Casa do Concello e terminará na área recreativa de O Cantiño.

Dará comezo ás once da mañá e cubrirá un percorrido de 4,6 quilómetros. A iniciativa é gratuíta e pódese obter máis información no teléfono 982 250 809 ou no correo electrónico lugo@aecc.es.