Skip to main content
Burela

Comezan os traballos de reparación do espigón da Marosa de Burela

Por 26 Maio, 2021Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informa de que a Dirección xeral da Costa e o Mar, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, está a realizar  traballos de arranxo do espigón de apoio á praia da Marosa, no concello de Burela.

O espigón que conforma a praia da Marosa, que sufre periodicamente danos pola acción dos temporais, é fundamental para a formación da praia e o seu mantemento, polo que a Xefatura provincial de Costas comezou este luns os labores de reparación e reparación do mesmo.

As obras consisten na reconstrución do espigón mediante a recolocación da escollleira existente e a retirada das pedras depositadas sobre a praia, sen que sexa necesario o aporte de novos materiais.  Estes traballos non impedirán o uso do areal.

Esta obra inclúese no plan de traballo que ten programada a Dirección Xeral da Costa e do Mar para reparar varios accesos a praias da Mariña que se atopan pechados por mor dos danos ocasionados polos temporais do pasado inverno.

Entre as actuacións programadas, ademais do espigón da Marosa, figuran os accesos ao areal de Rocas Brancas, no concello de Ribadeo: así como a recuperación das escaleiras da praia do Coto, pertencente ao municipio de Barreiros, e o acceso á praia de Arealonga, en Foz.

O obxectivo de Costas é ter rematadas as obras antes de que comece a próxima temporada estival.

A subdelegada explicou que estes traballos están incluídos no plan de conservación e mantemento do litoral e o seu custe estímase nuns 30.000 euros.