Skip to main content
Burela

Os alfombristas de Burela animan a participar na creación floral

Por 27 Maio, 2021Sin comentarios

A Asociación Burela Floral está a animar aos veciños a participar na alfombra floral de 150 metros cadrados que se confeccionará o próximo sábado 5 de xuño na praza do Concello.

Na praza realizarase tanto o preparado da flor coma a confección do deseño. Así, puxeron unha web cun formulario para anotarse e comunicar as persoas que acudiran e a hora para así traballar en grupos reducidos e de maneira segura.